GOYCAR GALICIA recibe apoyo financeiro do IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica)


O apoio financeiro proporcionado polo IGAPE, según Acordo do Consello do Instituto de 22 de Novembro de 2016, encádrase dentro do “Programa de Préstamos en beneficio das PEMES e Microempresas de Galicia”, convocatoria 2016, e servirá para acometer un ambicioso Plan de Investimentos destinado a aumentar a capacidade produtiva da Empresa e a diversificación de produtos, coa adquisición de novos e modernos equipamentos, baseados en novas tecnoloxías de proceso, como o corte láser de chapa e tubos, mecanizado CNC, entre outros, o que vainos permitir ofrecer novos servizos e mellores prazos ós nosos Clientes.

 

PROXECTO INVESTIMENTOS